Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19764

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 270/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 270/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Calviño Freire contra a empresa Kokopelli Santiago, S.L.U. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por María Calviño Freire contra Kokopelli Santiago, S.L.U., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.132,53 euros polos conceptos sinalados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma a Kokopelli Santiago, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza