Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (913/2017).

PO Procedemento ordinario 913/2017

Demandante: José Martínez Agrelo

Avogada: María Elisa Millán Miranda

Procurador: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Gestio Illahotels, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa,

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 913/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martínez Agrelo contra Gestio Illahotels, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Martínez Agrelo contra a entidade Gestio Illahotels, S.L., e Fogasa, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 2.020,31 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza