Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (733/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 733/2015 por instancia de Mutua Gallega contra o Fogasa, Pavimentos y Granitos La Muela, S.L., INSS, TXSS e La Muela Group Canarias, S.L., sobre seguridade social, nos cales se ditou sentenza o 23 de marzo de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase parcialmente a demanda interposta pola Mutua Gallega fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as empresas Pavimentos y Granitos La Muela, S.L. e La Muela Group Canarias, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Pavimentos y Granitos La Muela, S.L. a abonar á Mutua Gallega como responsable directa a cantidade de catrocentos noventa e seis euros con sesenta e nove céntimos de euro (496,69 euros), declarando a responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social no caso de insolvencia da empresa condenada.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Pavimentos y Granitos La Muela, S.L. e La Muela Group Canarias S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza