Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 365/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 365/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Pereira Currais contra o Hotel Butt, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Isabel Pereira Currais contra a entidade Hotel Butt, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Fernando Santos García a que aboe á demandante a cantidade de 5.269,20 euros brutos por salarios devindicados entre agosto e novembro de 2017, ambos inclusive, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hotel Butt, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza