Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (287/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 287/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Nieto Lorenzo contra Evan Mobility, S.A., Evan Metalúrgica, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Antonio Nieto Lorenzo, contra as entidades Evan Mobility, S.A. e Govan Metalúrgica, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente Evan Mobility, S.A. e Govan Metalúrgica, S.L., a aboaren ao demandante a cantidade de 4.483,99 € brutos por salarios producidos en marzo, setembro e outubro de 2017, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2017, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Evan Mobility, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de marzo de 2019