Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19241

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 4/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 4/2019, seguido por instancia de María Ángeles González Labandeira contra Mararcy Peluquerías, sobre reclamación de cantidade, se ditou o Decreto do 22 de marzo de 2019 polo cal se declarou o executado en situación de insolvencia provisional e se acordou o arquivamento das actuacións, e contra o cal se pode interpor recurso directo de revisión no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma á representación legal de Mararcy Peluquerías, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza