Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19242

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (374/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 374/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Álvarez Costoyas contra Complementos Policiais, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza do 12.3.2019, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que está ao seu disor na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Complementos Policiais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza