Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (250/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos 250/2017 por instancia de Ana Belén Rodríguez Lameiro contra as empresas Deus Creaciones, S.L. e a súa administración concursal, Costura Invisible, S.L. e a súa administración concursal, Shivshi, S.L. e a súa administración concursal, Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L. e o seu administrador concursal, Confecciones Ideal, S.L. e a súa administración concursal, Confecciones Deus, S.L. e o seu administrador concursal, Confecciones Fraga, S.L. e a súa administración concursal, Plataforma Costurera, S.L. e o seu administrador concursal, Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. e súa administración concursal, e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 20 de marzo de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímanse as demandas interpostas por Ana Belén Rodríguez Lameiro contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 3 de abril de 2017.

– Condénanse as empresas Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L. Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L. a aboaren solidariamente a Ana Belén Rodríguez Lameiro a cantidade de 19.383,76 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 26.615,04 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 6.659,33 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento, devindicando estas últimas cantidades o 10 % de xuros moratorios e vinculando todas estas cantidades aos administradores concursais de Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Gaviota Textil, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L. e Perseo Textil, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Deus Creaciones, S.L. e a súa administración concursal, Costura Invisible, S.L. e a súa administración concursal, Shivshi, S.L. e a súa administración concursal, Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil, S.L. e o seu administrador concursal, Confecciones Ideal, S.L. e a súa administración concursal, Confecciones Deus, S.L. e o seu administrador concursal, Confecciones Fraga, S.L. e a súa administración concursal, Plataforma Costurera, S.L. e o seu administrador concursal, Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. e a súa administración concursal, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza