Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19046

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (139/2018).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por medio deste edicto anuncio que no presente procedemento de xuízo verbal número 139/2018, seguido por instancia de María del Mar Rojo Taboada fronte a Arturo Rodríguez Santos, ditouse a sentenza do seguinte teor literal:

«Sentenza

Ourense, 5 de novembro de 2018

Eu, Ana María Manjón Manjón, maxistrada xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, vin os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 139/2018, sobre reclamación de cantidade derivada de recoñecemento de débeda, seguidos por instancia de quen actúa en nome e representación de María del Mar Rojo Taboada, que actúa en condición de única filla e herdeira de Amelia Taboada Blanco, co DNI 34902662R, baixo a dirección letrada do Sr. Riveiro Loren, contra Arturo Rodríguez Santos, en situación procesual de rebeldía, e veño resolver sobre a base dos seguintes:

[Seguen os antecedentes de feito…]

[Seguen os fundamentos de dereito…]

Logo de ver os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Lozano Eire, en nome e representación de María del Mar Rojo Taboada, quen actúa en condición de única filla e herdeira de Amelia Taboada Blanco, co DNI 34902662R, e declaro a obriga de Arturo Rodríguez Santos do pagamento da cantidade de catro mil euros (4.000 €), condenándoo a lle pagar á demandante a dita cantidade, incrementada no xuro legal desta desde a data da interpelación xudicial ata a da sentenza, e desde esta data ata o seu completo pagamento os xuros procesuais, e con expresa imposición das custas do procedemento ao demandado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, e que ante esta cabe presentar recurso de apelación, no prazo de 20 días desde a súa notificación, neste xulgado perante a Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E posto que o dito demandado, Arturo Rodríguez Santos, se atopa en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva a este de notificación de forma legal.

Ourense, 17 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza