Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19044

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2019 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional analista informático, grupo I, desta universidade.

Mediante a Resolución reitoral do 29 de novembro de 2018 (DOG do 30 de novembro e BOE do 21 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional analista informático, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 14 de febreiro de 2019 (DOG do 27 de febreiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas no taboleiro electrónico da USC e nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.2 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 6 de maio de 2019, ás 10.00 horas, no Seminario 303 da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase o primeiro deles, no taboleiro electrónico, na Reitoría da Universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

De non cubrirse a vacante pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do segundo exercicio mediante resolución reitoral na cal se indicarán o día, a hora e o lugar, e que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro electrónico da USC e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela