Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19048

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (173/2018).

Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento XVB 173/2018 seguido por instancia de Manuel Campos Gabriel fronte a Bodegueros Asociados do Condado, José Luis Cid Conde e José Castro Cantón, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son o seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado baixo o número 173 do ano 2018, por instancia da procuradora Sra. Domínguez Fortes, en nome e representación de Manuel Campos Gabriel, asistido do letrado Sr. Carballo Iglesias, e como demandados Bodegueros Asociados do Condado, José Luis Cid Conde e José Castro Cantón, en situación de rebeldía procesual todos eles, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais»...

«Estimar a demanda interposta pola procuradora Sra. Domínguez Fortes, en nome e representación de Manuel Campos Gabriel, asistido do letrado Sr. Carballo Iglesias, e como demandados Bodegueros Asociados do Condado, José Luis Cid Conde e José Castro Cantón, en situación de rebeldía procesual todos eles, e condeno os demandados a aboar solidariamente á parte demandante a cantidade de 8.300 euros máis os xuros segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e condena en custas».

E atopándose os demandados, Bodegueros Asociados do Condado, José Luis Cid Conde e José Castro Cantón, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Ourense, 27 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza