Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (378/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou resolución con data do 25 de marzo de 2018, dirixida a O Fogón de Ortigueira, S.L., contra a que non se pode interpoñer recurso ningún. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E, para que sirva de notificación en legal forma á empresa O Fogón de Ortigueira, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de marzo de 2019

María Blanco Aquino
Letrada da Administración de xustiza