Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18796

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 680/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 680/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Alberto Saavedra Salgueiro contra a entidade Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., e o Fogasa, sobre extinción de contrato e cantidade, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimo a demanda reitora dos presentes autos presentada por Luis Saavedra Salgueiro contra Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro extinguido o contrato de traballo que vinculaba a ambas as litigantes con efectos desde a data da presente resolución.

– Condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 10.234,96 euros, en concepto de indemnización pola extinción causal do contrato por vontade do traballador.

– Condeno a demandada a aboar á demandante, en concepto de retribucións pactadas insatisfeitas, a cantidade de 3.073,27 euros, que devindicará xuro moratorio do 10 % na parte que posúa natureza salarial.

Estimo a demanda reitora dos autos 735/2018 do Xulgado do Social número 1 de Lugo acumulados aos presentes autos, presentada por Luis Saavedra Salgueiro contra Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con data de efectos do 26 de xullo de 2018 e condeno a demandada ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data de despedimento ata a data da presente resolución en que se extingue a relación laboral, a razón de 36,84 €/día.

– Condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 635,14 euros polos 17 días de vacacións non gozados.

As cantidades anteriores serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Impoño á demandada as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que se resolverá pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá achegarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0680-18, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, consignar no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0680-18, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadeiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado Social núm. un de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 25 de marzo de 2019

O letrado da Administración de xustiza