Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (DSP 1035/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1035/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amable Pousada Ferradas contra Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Nivardo López Canoura, Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., administración concursal de Ediciones Lenda, S.L. e administración concursal da Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. na persoa de Carlos Manuel Costas Manzanares con intervención do Fogasa sobre despedimento, foi ditado auto de aclaración de sentenza do 13.3.2019 cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva

É procedente o complemento de sentenza instado no senso exposto na fundamentación xurídica desta resolución:

1. Na fundamentación xurídica, débese engadir a seguir de “En virtude do anterior, a indemnización que corresponde ao demandante é de 9.411,53 euros” o seguinte:

“Ademais, procederá condenar a empresa demandada ao aboamento dos salarios de trámite desde a data de despedimento até a desta resolución, sobre a base dos seguintes argumentos:

1ª. Aínda que a opción por readmitir ou indemnizar corresponde ao empresario, dado que a empresa carecía de actividade, como se indicou e tendo solicitado a representación da demandante a extinción da relación laboral, o que leva a ter por feita a opción pola indemnización e a declarar extinguida a relación laboral na propia sentenza, non se pode pasar por alto que, ante a carencia xa de actividade da empresa, se non se tiveren acurtado os trámites para evitar un incidente por non readmisión, tería producido todos os seus efectos a readmisión implícita, cos consecuentes salarios de tramitación até a data en que se ditar no auto coa declaración de extinguida a relación laboral, conforme o art. 281 da LRXS.

2ª. A lei, tanto o art. 56 do ET como o 110 da LRXS, omite os efectos que teñen lugar cando é o traballador o que opta pola indemnización ante o peche empresarial constatado, polo que se debe entender que, de forma analóxica, procede a aplicación dos arts. 286 e 281 da LRXS e considerar que o demandante ten dereito aos salarios de tramitación desde a data de efectos do despedimento até a data da sentenza, dado que a relación laboral se extinguiu por sentenza do devandito día, e non poden verse minguados os dereitos do traballador como consecuencia da anticipación da declaración de extinción da relación laboral (neste mesmo senso, Sentenza TSX Comunidade Valenciana do 15.1.2014, rec. 2428-2013, seguida por este mesmo TSX resolvendo o recurso de suplicación 2629/2014).

Este criterio foi admitido polo TSX de Galicia, entre outras sentenzas, a de 6.7.2015, ditada no recurso de suplicación nº 1574/2015. Tamén o TS en sentenza núm. 706/2016 do 21 de xullo recoñece tal efecto.

En virtude do anterior, a indemnización que corresponde ao demandante é de 9.411,53 euros e os salarios de trámite ascenden á suma de 32.112,60 euros (537 días x 59,80 euros de salario día)”.

Mantense o que a seguir se razoa na sentenza.

2. Débese completar a parte dispositiva introducindo un novo número 3º nos termos que agora se expoñen, co cal queda redactada como segue:

“1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Amable Pousada Ferradas contra empresa Ediciones Lenda, S.L. e a Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena das empresas indicadas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que aboarán as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 9.411,53 euros.

3º. Condeno e empresa demandada a aboar ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento até data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 59,80 €/día, o que dá a cantidade de 32.112,60 euros.

4º. Teño por desistido o demandante da pretensión dirixida contra o Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. e contra Nivardo López Canoura.

5º. O Fogasa e a administración concursal das condenadas deberán pasar polo decidido nesta resolución”.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza