Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO polo que se publica a aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial entre SR-D Río Pontiñas e AR-10.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 5 de marzo de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial en SR-D en Lalín, de iniciativa particular, promovido polo Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis.

De conformidade co disposto no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que durante este poida ser examinado polos interesados, nas dependencias da Secretaría municipal deste concello, e para presentaren, de ser o caso, as alegacións ou reclamacións que xulguen pertinentes.

Lalín, 20 de marzo de 2019

Rafael Cuíña Aparicio
Alcalde