Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18620

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de dúas prazas de policía local funcionario de carreira, polo sistema de oposición libre, correspondente á oferta de emprego público do ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 56, do 21 de marzo de 2019, publicáronse a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición e quenda libre, de dúas prazas de policía local, funcionario de carreira da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local, categoría policía, denominación policía local, grupo C, subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Mos, 21 de marzo de 2019

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa presidenta