Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rois

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para completar e reaxustar aliñacións no solo urbano consolidado C, no lugar de Samil.

O Pleno do Concello de Rois, en sesión ordinaria que tivo lugar o 15 de marzo de 2019, aprobou definitivamente o estudo de detalle para completar e reaxustar aliñacións no solo urbano consolidado C, no lugar de Samil, redactado polo arquitecto Ignacio Piñeiro de la Torre.

«En relación co expediente tramitado para a aprobación do estudo de detalle de iniciativa municipal, co fin de completar e reaxustar aliñacións no solo urbano consolidado ordenanza C, no lugar de Samil, e visto que mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 10 de outubro de 2018 se aprobou este de forma inicial, se someteu ao trámite de información pública polo prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no DOG, así como en El Correo Gallego; se notificou individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados e se solicitou ademais o informe sectorial preceptivo.

Visto que durante o prazo referido, segundo a información facilitada polo Rexistro Xeral, non se presentaron alegacións, proponse ao Pleno a adopción do seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de iniciativa municipal co fin de adaptar a aliñación do ámbito ás parcelas xa edificadas, ampliar beirarrúas e executar aparcadoiros na fronte da parcela municipal lindeira coa estrada AC301.

Segundo. Notificar o presente acordo aos interesados e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia. Remitirase así mesmo á consellería competente en materia de urbanismo para a súa inscrición no Rexistro do Planeamento Urbanístico de Galicia un exemplar en soporte dixital debidamente dilixenciado do instrumento de planeamento urbanístico aprobado de forma definitiva, na data dun mes desde a data de aprobación municipal (artigo 88 da Lei 2/2016 e artigo 212.2 do Decreto 143/2016).

Terceiro. Facultar o alcalde presidente para cantas actuacións sexas necesarias para a mellor execución do acordado».

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos trámites anteriores e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e en relación co establecido no artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Rois, 28 de marzo de 2019

Ramón Tojo Lens
Alcalde