Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (895/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe.

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 895/2016 por instancia de Lidia Canle López contra Fogasa, Novo Pelamios, S.L., sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza en data 12 de marzo de 2019, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Lidia Canle López fronte á empresa Novo Pelamios, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Novo Pelamios, S.L. a aboarlle a Lidia Canle López a cantidade de tres mil catrocentos once euros con cincuenta e dous céntimos de euro (3.411,52 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Novo Pelamios, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza