Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 900/2016 por instancia de Andrés Cavallaro Moraña contra a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 12.3.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolución:
Estímase parcialmente a demanda formulada por Andrés Cavallaro Moraña fronte á empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia: consideráse parcialmente a demanda realizada por Ándres Cavallaro Moraña fronte a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L. coa intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Andrés Cavallaro Moraña a aboar a Naval Metalúrgica Donis, S.L. a cantidade de mil seiscentos dezaoito euros con noventa e nove céntimos de euro (1.618,99 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro por demora previsto no artigo 29.3 do ET.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L. expido e asino este edicto.
A Coruña, 22 de marzo de 2019
A letrada da Administración de xustiza