Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (730/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 730/2018 por instancia de Graciela Varela Lago contra a empresa Dear Tee Tiendas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 12 de marzo de 2019, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Sentenza.

Estímase a demanda formulada por Graciela Varela Lago fronte á empresa Dear Tee Tiendas, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Dear Tee Tiendas, S.L. á traballadora.

– Declárase extinguida a relación laboral que une a traballadora coa mercantil Dear Tee Tiendas, S.L. na data do despedimento.

– Condénase a empresa ao aboamento ao demandante da indemnización de catrocentos setenta e nove euros con sesenta céntimos de euro (479,60 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Dear Tee Tiendas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza