Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 7/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 7/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Muñoz del Río contra Daparoan Hosteleros, S.L.U., sobre despedimento, se ditou auto en que se despacha execución con data do 11 de xaneiro de 2019, impugnable en reposición no prazo de tres días, así como dilixencia de ordenación con data do 21 de marzo de 2019, onde se sinala comparecencia sobre solicitude de extinción da relación laboral para o 25 de abril de 2019, ás 9.45 horas, impugnable en revisión no prazo de tres días. Ambas as resolución se encontran á disposición do executado na sede deste xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Daparoan Hosteleros, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza