Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18092

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (201/2017).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio deste edicto anuncio que neste procedemento ordinario núm. 201/2017, seguido por instancia de Antonio Fernández Rodríguez e Silvia Gil Ruíz fronte a Promociones y Construcciones Inmobiliarias Seiseme, S.L.U., Abanca Corporación Bancaria, S.A., se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 59/2018.

Ourense, 15 de xuño de 2018.

Ana María Gómez Bande, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, viu estes autos de xuízo ordinario sobre resolución de contrato por incumprimento e aboamento da cantidade de 28.968 euros, por instancia de Antonio Fernández Rodríguez e Silvia Gil Ruíz, representados pola procuradora Sra. Garrido Vázquez e asistidos da letrada Sra. Valeiras Mosquera e, como demandadas, Promociones y Construcciones Inmobiliarias Seiseme, S.L.U. en situación de rebeldía procesual, e Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada pola procuradora Sra. Domínguez e asistida do letrado Sr. Escudero de la Fuente, cuxas circunstancias persoais e constan nas actuacións.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Antonio Fernández Rodríguez e Silvia Gil Ruíz, representados pola procuradora Sra. Garrido Vázquez e asistidos da letrada Sra. Valeiras Mosquera, e como demandadas, Promociones y Construcciones Inmobiliarias Seiseme, S.L.U., en situación de rebeldía procesual, e Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada pola procuradora Sra. Domínguez e asistida do letrado Sr. Escudero de la Fuente, e declárase a resolución do contrato de compravenda que realizaron os demandantes con Promociones y Construcciones Inmobiliarias Seiseme, S.L.U. o 11 de marzo de 2016.

Condénase solidariamente a Promociones y Construcciones Inmobiliarias Seiseme, S.L.U. e Abanca Corporación Bancaria, S.A. a que lles restitúan aos demandantes a cantidade de 28.968 euros entregados á conta para a compravenda da vivenda, incrementados nos xuros legais desde a data do ingreso na conta bancaria o 15 de marzo de 2006, segundo o que dispón o fundamento xurídico terceiro in fine.

Condénase á demandada ao pagamento das procesuais. E ao se atopar a dita demandada, Promociones y Construcciones Inmobiliarias Seiseme, S.L.U. en paradoiro descoñecido, expido este edicto co fin de que lle sirva de notificación de forma legal.

Ourense, 26 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza