Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18090

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (288/2014).

Eu, María Cristina Montero Carré, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou auto con data do 14 de novembro de 2014, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal seguinte:

Sentenza: 179/2014.

«Auto: 128/2014

Audiencia Provincial

Sección Quinta

A Coruña

Peza: recurso de apelación (LECN) 288/2014

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol

Procedemento de orixe: execución de títulos non xudiciais 1825/2009

Deliberación o día: 13 de novembro de 2014

Recorrente: María Estefanía Carral García

Procurador: María Trillo del Valle

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei o seguinte:

Auto nº 128/2014.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Julio Tasende Calvo.

Dámaso Manuel Brañas Santamaría.

A Coruña, 14 de novembro de 2014.

Vistos en grao de apelación ante a Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña os autos de execución de títulos non xudiciais nº 1825/2009, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, aos que correspondeu a peza 288/2014 e nos cales aparece como parte apelante: María Estefanía Carral García, representada polo/a procurador/a Sr/a. Trillo del Valle; como apelados non comparecidos (non formulou oposición): Aktiv Kapital Portfolio As e Oslo Sucursal En Zug, e como parte non comparecida: José Carlos Fernández Nieto, sobre oposición a execución, sendo maxistrado relator Dámaso Manuel Brañas Santa María,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Parte dispositiva:

Rexeitar o recurso de apelación interposto, confirmar a resolución contra a que se recorreu e impoñerlle á parte apelante as custas causadas polo recurso. Decretar a devolución ao xulgado de procedencia dos autos, con certificación deste presente, que é firme.

Así, mediante esta resolución, da que se levará certificación á peza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo e, como consecuencia do paradoiro ignorado de José Carlos Fernández Nieto, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 14 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza