Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17897

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 6 de abril de 2019 para dar cumprimento ao previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (BOE número 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral.

En cumprimento do previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, disponse a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da comunicación do director xeral da Corporación Radio y Televisión de Galicia, S.A., do 5 de abril, en relación co acordo adoptado polo Consello de Administración da mesma data, polo que se aproba o Plan de cobertura de Televisión de Galicia, S.A. e da Radio Galega relativo ás eleccións convocadas para o 28 de abril de 2019 e que inclúe a previsión de debates e entrevistas que se celebrarán coas forzas políticas e que emitirán ambos os medios, Televisión de Galicia e Radio Galega, con indicación da data e da hora de emisión, entidades políticas a que se convida e a súa duración, así como os criterios sobre a información específica relativa á campaña electoral, o que se indica para os efectos establecidos no punto cuarto.1 da Instrución da Xunta Electoral Central 4/2011, do 20 de marzo.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas afectadas poderán examinar a dita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo e formular as reclamacións ou os recursos que consideren pertinentes.

O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREX e no punto quinto da referida Instrución 4/2011.

A Coruña, 6 de abril de 2019

Lorenzo Villalpando Lucas
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña