Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17898

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2019/20.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 53, do 15 de marzo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 14187, no parágrafo segundo do artigo 4, apartado 1 onde di: «Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral.», debe dicir: «Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro».