Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 333/2018).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 333/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Torreiro Vázquez e María Otilia Vázquez Núñez contra a empresa Kioskos de Galicia, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que, estimando en parte a demanda interposta por Ana Torreiro Vázquez contra a empresa Kioskos de Galicia, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral coa data desta resolución e condeno a demandada a que lle aboe una indemnización de 599 euros máis 1.196,56 euros por falta de aboamento salarial, máis, respecto desta cantidade, o xuro do 10 % por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia.

Para que sirva de notificación en legal forma a Kioskos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza