Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 134/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 134/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rojo Alonso e Diego Rojo Alonso contra a empresa Symax Soluciones Tecnológicas, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución

Que, estimando en parte a demanda interposta por Diego Rojo Alonso e Jesús Rojo Alonso, debo condenar e condeno a empresa Symax Soluciones Tecnológicas, S.L. a que aboe a Jesús 2.501,75 € e a Diego 2.474,37 €, máis o xuro do 10 % por mora, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa en caso de insolvencia.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Symax Soluciones Tecnológicas, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza