Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17747

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (350/2017)

Eu, Marina Sofía López Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fago saber que no procedemento de xuízo ordinario número 350/2017, seguido por instancia de Eduardo Manuel Leardy Otero fronte á herdanza xacente ou posibles herdeiros descoñecidos e incertos do demandado Antonio Martínez Pérez, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez.

Data: 29 de xuño de 2018.

Lugar: Viveiro.

Procedemento: xuízo ordinario número 350/2017.

Demandante: Eduardo Manuel Leardy Otero.

Procuradora: María Erlina Sabariz García.

Avogado: José Luis Fiuza Diego.

Demandado: herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez.

Demandado: o Ministerio Fiscal.

Resolvo.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María Erlina Sabariz García, en nome e representación de Eduardo Manuel Leardy Otero e, por conseguinte, debo condenar e condeno a herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez a pagar a Eduardo Manuel Leardy Otero a suma de 65.000 euros máis os xuros legais do artigo 576 da LAC.

Impóñenselle as custas procesuais á herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data indicados nela. Dou fe.

Acordouse notificar a sentenza ao administrador legal ou de feito da herdanza xacente de Antonio Martínez Pérez, así como aos seus herdeiros descoñecidos e incertos, en paradoiro descoñecido, mediante edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, polo que se expide este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Viveiro, 14 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza