Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17746

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (514/2017).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 514/2017, seguido por instancia de Joaquín Díaz Rubio contra Manuel Losada Fernández, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza, con data do 20 de xuño de 2018, do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Deaño Rodríguez.

Lugar: Lugo.

Data: 20 de xuño de 2018.

Resolvo.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada pola procuradora María Oliva Acuña Santamaría en nome e representación de Joaquín Díaz Rubio, contra Manuel Losada Fernández, e condeno a este a aboar ao demandante a cantidade de dezaseis mil novecentos corenta e cinco euros con noventa céntimos (16.945,90 euros), máis os xuros conforme o previsto no fundamento xurídico terceiro desta resolución.

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que fronte a ela pode interporse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo e do seu partido».