Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17625

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 5 de abril de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde a partir do día 9 de abril de 2019.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se encontra a sanidade.

O desempeño público da prestación de asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

As organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSIF, O’MEGA e CESM convocaron unha folga que afectará o persoal de todas as categorías, incluído o persoal residente en formación, que presta os seus servizos nos centros de saúde e nos puntos de atención continuada (PAC) do Servizo Galego de Saúde, agás o persoal que xa está afectado pola folga convocada con carácter indefinido nos PAC desde o 7 de xaneiro de 2019. A presente folga desenvolverase desde as 8.00 horas do día 9 de abril de 2019 ata as 8.00 horas do día 12 de abril de 2019. Xa que logo, a folga abrangue tres días laborais consecutivos que preceden unha fin de semana e, logo desta, varios días festivos, polo que a determinación dos servizos esenciais contidos nesta orde se realiza atendendo, así mesmo, á referida circunstancia cronolóxica.

Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria da folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde. Todo isto sen prexuízo da vixencia da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal dos puntos de atención continuada do Servizo Galego de Saúde a partir do día 7 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro), respecto ao persoal incluído no ámbito de aplicación destoutra folga, que foi convocada con carácter indefinido.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. Ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

De acordo co anterior, deben fixarse os servizos mínimos necesarios para garantir a atención aos usuarios/as que non se pode aprazar sen consecuencias negativas para a saúde, e con esa finalidade establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións sanitarias afectadas pola folga:

a) Persoal licenciado sanitario.

Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención das unidades e servizos de atención primaria prestarán a asistencia urxente ou inaprazable da respectiva unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación.

A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, establecendo a seguinte dotación mínima no que atinxe ao persoal médico de familia e pediatra:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

Polo que respecta ao persoal farmacéutico e odontólogo de atención primaria, nestas categorías garantirase a presenza dun efectivo por cada distrito sanitario.

Neste último caso trata de garantirse, respecto ao persoal farmacéutico, que a homologación sanitaria de todos aqueles medicamentos, produtos sanitarios e dietéticos que non admita demora poida levarse a efecto dentro dos prazos e requisitos establecidos na regulamentación vixente, o que require en todo caso da ineludible presenza dun profesional por distrito. E, no que atinxe o persoal odontólogo, cómpre dispoñer dun profesional que en cada distrito poida atender os procesos odontolóxicos agudos, nomeadamente relativos á poboación infantil. Máxime, en ambos os casos, tendo en conta que a folga de tres días laborais consecutivos vai seguida dunha fin de semana e de sucesivos días festivos.

b) Persoal sanitario non facultativo.

Respecto a este colectivo, a xustificación dos criterios reitores obedece substancialmente ao xa sinalado para o caso do persoal licenciado sanitario, dado que a asistencia debe ser necesariamente realizada coa colaboración do conxunto dos profesionais implicados.

Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención das unidades e servizos de atención primaria prestarán a asistencia urxente ou inaprazable da unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación.

A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente, o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables e a atención das citas, exames e actos sanitarios que non admitan demora. Máxime, habida conta de que -como xa se indicou- a folga ten lugar durante tres días laborais ininterrompidos, seguidos dunha fin de semana e, a continuación, dun período festivo.

En consecuencia, establécese a seguinte dotación mínima de persoal sanitario non facultativo:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

Polo que respecta ao persoal enfermeiro especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, garantirase a presenza dunha matrona por cada distrito sanitario, co fin de atender as citas e actos sanitarios que non precisen demora, tales como primeiras visitas xestacionais, test prenatais, exames ou vacinas de carácter inaprazable e atendendo, asemade, ás circunstancias cronolóxicas da folga.

c) Persoal de xestión e servizos.

1. Urxencias: establecerase un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % da actividade urxente nos puntos de atención continuada.

Os dispositivos de urxencias constitúen un servizo vital de atención ininterrompida durante as 24 horas e todos os días do ano, sendo imprescindible para a prestación do servizo a existencia de persoal de apoio ao persoal sanitario dos devanditos dispositivos.

2. No tramo ordinario de atención (unidades e servizos de atención primaria) establécese a seguinte dotación mínima de persoal de xestión e servizos:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

Un efectivo resulta o mínimo imprescindible para manter o soporte administrativo ás tarefas de xestión, información aos usuarios/as e de apoio ao persoal sanitario para a realización do seu traballo. E nos centros de atención primaria de maior tamaño, dotados con cinco ou máis efectivos de persoal de xestión e servizos, faise preciso incrementar os efectivos segundo a secuencia descrita, co fin de garantir ese soporte mínimo e imprescindible.

Artigo 2

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios de cada centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos necesarios para garantir a totalidade da actividade urxente previsible nos días da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada pola dirección da correspondente institución e notificada aos profesionais afectados.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base, asemade, nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

– Estrutura organizativa de xestión integrada da Coruña:

a) Unidades e Servizos de Atención Primaria (UAP/SAP).

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal licenciado sanitario UAP

Médico/a de familia

98

32

Pediatra

28

9

Odontólogo/a

2

-

Farmacéutico/a

2

-

Persoal sanitario UAP

Matrón/ona

2

-

Enfermeiro/a

92

26

Persoal de xestión e servizos - UAP

74

27

b) Puntos de Atención Continuada (PAC).

Servizos mínimos

Tarde

Noite

Persoal de xestión e servizos - PAC

Celadores/as e PSG

14

14

Condutores

2

2

– Estrutura organizativa de xestión integrada de Ferrol:

a) UAP/SAP.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal licenciado sanitario UAP

Médico/a de familia

38

12

Pediatra

14

5

Odontólogo/a

1

1

Farmacéutico/a

1

-

Persoal sanitario UAP

Matrón/ona

1

1

Enfermeiro/a

44

10

Persoal de xestión e servizos - UAP

32

10

b) PAC.

Servizos mínimos

Tarde

Noite

Persoal de xestión e servizos - PAC

9

9

– Estrutura organizativa de xestión integrada de Santiago de Compostela:

a) UAP/SAP.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal licenciado sanitario UAP

Médico/a de familia

96

18

Pediatra

39

8

Odontólogo/a

2

-

Farmacéutico/a

2

-

Persoal sanitario UAP

Matrón/ona

2

-

Enfermeiro/a

93

14

Persoal de xestión e servizos - UAP

68

18

b) PAC.

Servizos mínimos

Tarde

Noite

Persoal de xestión e servizos - PAC

17

19

– Estrutura organizativa de xestión integrada de Lugo:

a) UAP/SAP.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal licenciado sanitario UAP

Médico/a de familia

92

10

Pediatra

24

1

Odontólogo/a

3

-

Farmacéutico/a

3

-

Persoal sanitario UAP

Matrón/ona

3

-

Enfermeiro/a

99

9

Persoal de xestión e servizos - UAP

79

10

b) PAC.

Servizos mínimos

Tarde

Noite

Persoal de xestión e servizos - PAC

19

19

– Estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense:

a) UAP/SAP.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal licenciado sanitario UAP

Médico/a de familia

114

13

Pediatra

16

4

Odontólogo/a

3

-

Farmacéutico/a

3

-

Persoal sanitario UAP

Matrón/ona

3

1

Enfermeiro/a

122

15

Persoal de xestión e servizos - UAP

104

16

b) PAC.

Servizos mínimos

Tarde

Noite

Persoal de xestión e servizos - PAC

15

14

– Estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra:

a) UAP/SAP.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal licenciado sanitario UAP

Médico/a de familia

59

12

Pediatra

20

4

Odontólogo/a

2

-

Farmacéutico/a

2

-

Persoal sanitario UAP

Matrón/ona

2

-

Enfermeiro/a

61

11

Persoal de xestión e servizos - UAP

44

8

b) PAC.

Servizos mínimos

Tarde

Noite

Persoal de xestión e servizos - PAC

9

9

– Estrutura organizativa de xestión integrada de Vigo:

a) UAP/SAP.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal licenciado sanitario UAP

Médico/a de familia

82

36

Pediatra

36

16

Odontólogo/a

1

1

Farmacéutico/a

1

-

Persoal sanitario UAP

Matrón/ona

1

1

Enfermeiro/a

87

34

Persoal de xestión e servizos - UAP

60

27

b) PAC.

Servizos mínimos

Tarde

Noite

Persoal de xestión e servizos - PAC

Celadores/as e PSG de PAC

11

11

Condutores PAC

2

2

Telefonistas

1

1