Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17515

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3605/2018 BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 3605/2018

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 904/2014 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Francisco Jesús Viqueira Paz

Avogado: Santiago Ferreiro Marzoa

Procurador: Jaime José del Río Enríquez

Recorrida: Mutua Gallega

Avogado: Pablo Torrado Oubiña

Recorridos: INSS e TXSS

Recorrida: Sumtec, S.L. (BOP)

Recorridos: administración concursal Sumtec (Jaime Fdez.-Obanza Carro, avda. de Finisterre, 25, entresollado, 15004 A Coruña)

Avogado: Jaime Fernández Obanza Carro

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3605/2018 desta sección, seguido por instancia de Francisco Jesús Viqueira Paz contra Mutua Gallega, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, entidade Sumtec, S.L. e administración concursal Sumtec, S.L., sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Francisco Jesús Viqueira Paz contra a sentenza con data do vinte e cinco de maio do ano dous mil dezaoito, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en proceso sobre revisión de grao de incapacidade promovido polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a entidade Sumtec, S.L. e a súa administración concursal, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Sumtec, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza