Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17512

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3163/2018 BPB).

Secretaria: Sra. Barrio Calle BPB

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3163/2018

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 755/2014 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrentes: Emilio Varela Faro

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorrido: Alumisel, S.A.U.

Avogado: Juan Carlos López Canosa

Recorrido: David Fernández Grande Madrid, S.L.

Avogado: Alfredo Briales Porcioles

Recorrido: Balbino Ramírez González

Avogado: Francisco Javier Martínez Couto

Recorrido: Mapfre Familiar, S.A.

Avogado: Manuel Zorrilla Riveiro

Procurador: Xulio Xabier López Valcárcel

Recorrido: Marcos Santos Guedes

Avogado: Antonio Ocampo Martínez

Procuradora: Raquel Ceinos Real

Recorrido: HDI Gerlin Industrie AG Sucursal en España

Avogado: Ismael Varela Bonet

Procuradora: Carina Zubeldia Blein

Recorridos: Granitos Gris Rosa, S.L., r/ Domingo Bueno 90, 36400 O Porriño (Pontevedra)

Recorridos: sucesores de Severino Gómez, S.L.

Avogado: Rodrigo Carrera Guerreiro

Recorrido: Granitos Celgon, S.A.

Avogado: Daniel del Valle Corrochano

Recorrido: Granitos Vilafría Couto, S.A. (BOP)

Recorrido: Extracciones Avebal, S.L. (BOP)

Recorrido: Fogasa

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3163/2018 desta sección, seguido por instancia de Emilio Varela Faro contra Alumisel, S.A.U. e outros, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decidimos

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Emilio Varela Faro contra a sentenza ditada o 27 de xuño de 2016 polo Xulgado do Social número 3 REF de Vigo en autos número 755/2014 sobre indemnización por convenio contra Marcos Santos Guedes, David Fernández Grande Madrid, S.L., sucesores de Severino Gómez, S.L., Granitos Celgon, S.A., Mapfre Familiar, S.A., Balbino Ramírez González, HDI Gerling Industrie Versichrug AG sucursal en España, Alumisel, S.A.U., Granitos Gris Rosa, S.L., Granitos Vilafría Couto, S.A, Extracciones Avebal, S.L. e Fogasa, resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Granitos Vilafría Couto, S.A. e Extracciones Avebal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza