Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 52/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 52/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Sande Rivedeneira contra Castrobarredo, S.L., Línea Norte Multiservicios, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza número 18/2019, do 15 de xaneiro, ditada no procedemento PO 497/2017, a favor da parte executante, Manuela Sande Rivedeneira, fronte a Castrobarredo, S.L., Línea Norte Multiservicios, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 1.256,75 euros en concepto de principal (1.082,64 euros máis 174,11 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) máis outros 125,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, respecto ao primeiro, e por importe de 677,07 euros en concepto de principal (583,27 euros máis 93,8 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) máis outros 67,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación respecto ao segundo.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir as executadas Castrobarredo, S.L., Línea Norte Multiservicios, S.L. e Fogasa co fin de que, no prazo de 10 días, aboen a cantidade de 1.256,75 euros en concepto de principal (1.082,64 euros máis 174,11 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) máis outros 125,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, respecto a Castrobarredo, S.L., e por importe de 677,07 euros en concepto de principal (583,27 euros máis 93,8 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) máis outros 67,70 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación respecto a Línea Norte Multiservicios, S.L., ingresando o importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0052 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagar sobre eles a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Castrobarredo, S.L. e Línea Norte Multiservicios, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifesten unha relación de bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificaren, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúa, bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselles tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante Manuela Sande Rivedeneira, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, de ser o caso, se poidan obter na presente execución.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Castrobarredo, S.L. e Línea Norte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza