Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17282

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1435/2016).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de familia), certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba referenciados, en que se ditou a seguinte:

Sentenza nº 46

Vigo, 4 de febreiro de 2019

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1435/2016, sobre garda, custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Lorena Castilla Pérez, representada pola procuradora dos tribunais María Teresa Villot Sánchez e con asistencia letrada de Raquel Dios Almeida, contra Nicolás Eduardo Garet Alende, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Villot Sánchez, en nome e representación de Lorena Castilla Pérez, como demandante, contra Nicolás Eduardo Garet Alende, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúeselle á Sra. Castilla Pérez, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o seu fillo.

Segundo. O Sr. Garet Alende satisfará en concepto de alimentos a favor do seu fillo a cantidade de 1.245 euros mensuais, nos termos indicados no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Terceiro. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios do menor, entre os cales se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social. Non teñen tal consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Nicolás Eduardo Garet Alende, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 13 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza