Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 17017

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

EDICTO do 5 de marzo de 2019 de delegación de competencias do Concello de Meaño para desenvolver as facultades de recadación das multas de tráfico.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 4 de marzo de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Meaño mediante o Acordo do Pleno, na sesión do 11 de xuño de 2018, das facultades de recadación, en voluntaria e executiva, das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 5 de marzo de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía,

Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra