Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 17016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO de xestión de biomasa vexetal.

A ser preciso o cumprimento da obriga de xestión de biomasa vexetal e de retirada de árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e constando como descoñecidos os propietarios das parcelas a continuación descritas, dáselles audiencia aos titulares por un prazo de quince (15) días, para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que xulguen pertinentes, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado e a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poden coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e do correspondente expediente no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, sitas na praza do Concello, s/n, 27720 A Pontenova (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Localización da parcela

27048A006000940000HE

Políg. 6, parcela 94. Souto (A Pontenova)

27048A016003560000HQ

Políg. 16, parcela 356. Cerrón do Castelo (A Pontenova)

27048A016003040000HD

Políg. 16, parcela 304. Cerrón do Marino (A Pontenova)

27048A016005340000HE

Políg. 16, parcela 534. As Valiñas (A Pontenova)

A Pontenova, 25 de marzo de 2019

Darío Campos Conde
Alcalde