Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 17018

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

EDICTO do 5 de marzo de 2019 de delegación de competencias do Concello da Lama para desenvolver as facultades de inspección da liquidación pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais a favor das empresas explotadoras de servizos de subministracións.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 4 de marzo de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello da Lama mediante Acordo do Pleno, na sesión do 17 de outubro de 2018, das facultades de inspección da liquidación pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta (tamén chamada taxa do 1,5%).

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 5 de marzo de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía,

Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra