Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 17019

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

EDICTO do 5 de marzo de 2019 de delegación de competencias do Concello de Vilaboa para desenvolver as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que se encontren pendentes de cobramento.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 4 de marzo de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Vilaboa mediante Acordo do Pleno, na sesión do 27 de xullo de 2018, das facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobramento na Tesouraría do Concello de Vilaboa.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 5 de marzo de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía,

Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra