Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 12 de marzo de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00456-O-2018 e dous máis.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00456-O-2018 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00456-O-2018

B-8190-TX

34290618X

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA até 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior al 19 %.

6.3.2018; 21.15.00; N-VI; 543,8

Art. 141.2 da LOTT

Art. 143.1.f) da LOTT

900 euros

OU-00689-O-2018

5567-FGV

44482703J

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

15.2.2018; 11.12.00; OU-0514; 0,372

Art. 141.14 da LOTT

Art. 143.1.e) da LOTT

601 euros

PO-00740-O-2018

1618-FZY

13051358P

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

22.11.2017; 09.05.00; A-55; 1,3

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros