Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 2 de abril de 2019 Páx. 16990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 12 de marzo de 2019, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02843-O-2017 e dous máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-02843-O-2017 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Non obstante, nas resolucións dos expedientes sancionadores considerouse que non procedía a imposición de ningunha sanción.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción imposta

XC-02843-O-2017

7024GGP

32793323S

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que carecía do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

21.7.2017; 9.40.00; N-550; 16,7

Artigo 141.21 da LOTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

0 €

XC-03062-O-2017

2479-CSJ

34228409Q

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

29.9.2017; 8.44.00; N-547; 43,0

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

0 €

XC-03362-O-2017

1569-HVT

46918383Q

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

6.10.2017; 8.33.00; N-550; 43,5

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

ANEXO