Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 1 de abril de 2019 Páx. 16715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 826/2018).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 826/2018

Sobre: despedimento

Demandante: Lucía López Seoane

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandados: Fogasa e Café Bar Rakel, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa, (…)

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 826/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía López Seoane contra Café Bar Rakel, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se pronunciou a seguinte resolución:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 826/2018, sendo parte nel, como demandante, Lucía López Seoane, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, e como demandada Café Bar Rakel, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, do mesmo xeito que o Fogasa, citado de oficio, sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei,

Sentenza:

Estímase a demanda interposta por Lucía López Seoane fronte a Café Bar Rakel, S.L. e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno a demandada a que, á súa opción, que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (1.10.2018) ata que a readmisión teña lugar; b) ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe ascendente a 6.844,83 euros, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a R.L. Café Bar Rakel, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza