Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16515

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 713/2017).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, anuncio que no presente procedemento ordinario 713/2017 seguido por instancia de Mahou, S.A. contra José Manuel Sande Peón foi ditada sentenza cuxo teor literal é:

«Sentenza nº 69/2012.

Xuízo ordinario número 713/2017.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Mahou, S.A.

Avogado: Sr. Vidal Alonso Saiz.

Procurador: Sr. Pardo de Vera López.

Demandado: José Manuel Sande Peón (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2019.

Decido.

Estimar integramente a demanda presentada por Mahou, S.A. contra José Manuel Sande Peón e, en consecuencia, declaro a resolución do contrato do 29 de xuño de 2016 subscrito entre as partes e condeno o demandado a aboar á demandante a suma de 10.285 euros, incrementada cos xuros legais producidos desde a data de presentación da demanda até o seu completo pagamento á demandante, con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. Todo iso con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros.

O depósito da expresada suma deberase demostrar ao interpor o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do comprobante ou da orde de ingreso, requisito sen o cal o recurso non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obrigación de constituíren o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, eu, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Manuel Sande Peón, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza