Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16517

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (SS 11/2015).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que mediante resolución ditada nestes autos, no proceso seguido por instancia de Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales contra Agrajes, S.L., Mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferlosa, Ultransa, S.L., Manuel López López, Pizarras La Campa, S.L. e Benito López Ferreiro, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número de seguridade social 11/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Agrajes, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7 de xuño de 2021, ás 10.15 horas, na planta 4, sala 9, no edificio dos xulgados, para a celebración do xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de citación a Agrajes, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Lugo, 28 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza