Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15632

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3418/2018).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 3418/2018

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 825/2017 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recurrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: letrado da Seguridade Social

Recurridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Áridos Ecológicos, S.L.U., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Daniel Adán Borras Díaz de Rábago

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber, que no procedemento de recurso de suplicación 3418/2018 seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Áridos Ecológicos, S.L.U., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 61, sobre outros dereitos da Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, na representación que posúe do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza de data do 9 de xaneiro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia da Mutua Fremap fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Áridos Ecológicos, S.L., sobre reintegro de gastos de asistencia sanitaria e prestacións de incapacidade temporal-accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ten que prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Áridos Ecológicos, S.L.U., con último domicilio coñecido no polígono da Reigosa, 43, Ponte Caldelas, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza