Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15634

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3693/2018 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3693/2018 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 858/2017. Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Amadeo González Piñeiro

Avogada: Pilar Pérez García

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Xacobeo Sportauto, S.L.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, Guillermo Amigo Estrada

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3693/2018 desta sección, seguido por instancia de Amadeo González Piñeiro contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Xacobeo Sportauto, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto por Amadeo González Piñeiro fronte á sentenza do 13 de xuño de 2018 do Xulgado do Social número 3 de Ourense, ditada nos autos número 858/2017. Todo iso confirmando a resolución impugnada e sen condena en custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xacobeo Sportauto, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza