Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15636

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 245/2017).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza e auto de rectificación do teor literal seguinte:

«Sentenza número 61/2018.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de procedemento ordinario número 245/2017, seguidos por instancia de Doris Fanny Sánchez Matos, representada pola procuradora Sra. Gosende Gómez, baixo a asistencia letrada da Sra. Igrexas Ríos, contra José Carlos Mejuto Parras, en situación de rebeldía procesual,

Decido:

Estimar a demanda presentada pola procuradora Sra. Gosende Gómez no nome e representación invocada e, en consecuencia, declárase a nulidade da transmisión da leira rexistral número 19211 do Rexistro da Propiedade en canto á cota de nuda propiedade de Carlos Mejuto Parras (1/3/) en escritura pública do 29.12.2009 ante o notario Nelson Rodicio Rodicio, así como a inscrición rexistral ao seu favor no Rexistro da Propiedade, revertendo a propiedade íntegra da referida leira a favor de Carlos Mejuto Pulleiro.

Unha vez firme esta resolución, remítase mandamento ao Rexistro da Propiedade a fin de dar cumprimento ao acordado.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días (20) seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

«Auto:

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018.

Feitos:

Primeiro. Neste xuízo ordinario ditouse sentenza de data 27.7.2018.

Segundo. Notificada a sentenza, a representación procesual da parte demandante presentou escrito en que solicita a rectificación dun erro contido na decisión da sentenza. Deuse conta a SSª para resolver.

Parte dispositiva:

Rectifícase o erro da sentenza de data 16.2.2018 no sentido seguinte:

Engadir á decisión sentenza: impóñense as custas á demandada.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos que procedan contra a sentenza.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Carlos Mejuto Parras, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza