Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14248

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela

EDICTO (433/2016).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 93/2018.

Redondela, 23 de outubro de 2018

Vistos por Miguel Seijo Espiño, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela, os presentes autos número 433/2016 sobre relacións paterno-filiais respecto de fillos comúns menores de idade, seguidos entre as seguintes partes:

Demandante: Rosalía Giménez Hernández. Procuradora: Sra. Estévez Baña. Avogado: Sr. Orge Míguez.

Demandado: Ricardo Jiménez Martínez, en situación de rebeldía procesual.

Ministerio Fiscal.

Procede ditar esta sentenza sobre a base dos seguintes

Resolución:

En atención ao exposto nos anteriores fundamentos de dereito, procede estimar a demanda interposta pola procuradora Sra. Estévez Baña, en nome e representación de Rosalía Giménez Hernández, coas modificacións introducidas no acto da vista, e dispoñer como medidas definitivas que deben regular as relacións paterno-filiais cos fillos comúns menores de idade das partes, Alfredo, Ángela e Paola Giménez Jiménez, as seguintes:

1. A titularidade da patria potestade sobre os fillos comúns menores de idade mantense de forma conxunta a favor de ambos os proxenitores, aínda que será exercida de forma exclusiva pola nai, Rosalía Giménez, nos termos indicados nos fundamentos desta resolución. Atribúese tamén á nai a garda e custodia sobre os fillos comúns.

2. Non se establece neste momento réxime ningún de comunicación e estadía do proxenitor non custodio cos fillos comúns menores de idade, nos termos e polas razóns indicadas no fundamento de dereito segundo desta resolución.

3. No que se refire á pensión alimenticia a favor dos fillos comúns menores de idade e a cargo do proxenitor non custodio, fíxase na cantidade total de trescentos (300) euros mensuais, cen (100) euros por cada fillo.

A pensión de alimentos fixada deberá ingresarse nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria designada para ese efecto pola nai, e actualizarase anualmente de forma automática conforme a variación experimentada no mesmo período de tempo polo IPC ou índice que o substitúa.

Así mesmo, deberá o pai contribuír por metade aos gastos extraordinarios que xeren os fillos comúns menores de idade, entre os que se entenderán incluídos en todo caso os gastos médicos e sanitarios non cubertos pola Seguridade Social, xunto cos demais de análoga natureza extraordinaria.

Condenar a Ricardo Jiménez Martínez ao pagamento das custas causadas nesta instancia.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, e déixese no procedemento testemuño bastante.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, o cal deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, nos termos establecidos pola LAC, con cumprimento, se é o caso, dos requisitos relativos á taxa aplicable que procedese aboar de conformidade coa normativa vixente.

Así mesmo, de conformidade coas previsións da disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial, introducida pola Lei orgánica 1/2009, a interposición dun eventual recurso de apelación exixirá, como presuposto previo a ela, que o recorrente consigne xudicialmente un depósito de 50 euros.

Así se acorda e asina».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ricardo Jiménez Martínez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Redondela, 25 de febreiro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza