Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14245

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (215/2017).

José Ignacio Rodríguez Iriarte, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Sandra Beatriz Romero fronte a Pablo Armando Suárez, se ditou sentenza e auto de rectificación, cuxos encabezamentos e partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 81/2018.

Cambados, 13 de novembro de 2018.

Vistos por min, Sonia Rey Salgueiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cambados e o seu partido, os presentes autos de divorcio contencioso seguidos ante este xulgado co número 215/2017, por instancia de Sandra Beatriz Romero, representada pola procuradora Sra. Martínez Pillado e asistida de letrado, contra Pablo Armando Suárez, en rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal; ditouse a presente resolución con base nos seguintes:

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sandra Beatriz Romero, representada pola procuradora Sra. Martínez Pillado e asistida de letrado, fronte a Pablo Armando Suárez, en rebeldía procesual, e debo declarar e declaro a disolución, por causa de divorcio, do matrimonio formado por Elisa e Carlos María, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, e acordo as seguintes medidas:

1. A atribución á nai da patria potestade, garda e custodia do fillo menor do matrimonio Jesús Gabriel.

2. O pai aboará unha pensión por alimentos a favor do seu fillo menor polo importe de 180 euros mensuais, que fará efectiva dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a nai. Esta cantidade será actualizable anualmente sen necesidade de requirimento previo, conforme as variacións que experimente o índice nacional de prezos ao consumo.

3. Cada proxenitor aboará o 50 % dos gastos extraordinarios dos seus fillos menores.

4. Non procede fixar réxime de visitas.

Todo iso sen expresa imposición en canto ás custas procesuais causadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, con advertencia de que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, nos termos e prazos previstos no artigo 458 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño aos autos correspondentes, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Auto.

A xuíza.

Sonia Rey Salgueiro.

Cambados, 27 de novembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

Estimar a petición formulada de rectificar a sentenza do 13.11.2018, ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:

Onde di: «Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sandra Beatriz Romero, representada pola procuradora Sra. Martínez Pillado e asistida de letrado, fronte a Pablo Armando Suárez, en rebeldía procesual, e debo declarar e declaro a disolución, por causa de divorcio, do matrimonio formado por Elisa e Carlos María, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, e acordo as seguintes medidas:», debe dicir: «Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sandra Beatriz Romero, representada pola procuradora Sra. Martínez Pillado e asistida de letrado, fronte a Pablo Armando Suárez, en rebeldía procesual, e debo declarar e declaro a disolución, por causa de divorcio, do matrimonio formado por Sandra Beatriz Romeu e Pablo Armando Suarez, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, e acordo as seguintes medidas:».

Líbrese certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.

Modo de impugnacion: contra esta resolución non caberá ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda S.Sª.; dou fe.

E ao estar o dito demandado, Pablo Armando Suárez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 20 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza