Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14243

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (PO 650/2017).

Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 650/2017 seguido por instancia de Volkswagen Finance, S.A., E.F.C. fronte a María del Mar Fernández Silva e Morin 71, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 650 do ano 2017, por instancia de Volkswagen Finance, S.A., E.F.C., representado pola procuradora Sra. Ogando Vázquez e asistido do letrado Sr. Pérez Manso, en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Pérez Ares, contra María del Mar Fernández Silva e Morin 71, S.L., en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Decido estimar a demanda interposta por Volkswagen Finance, S.A., E.F.C., representado por a procuradora Sra. Ogando Vázquez e asistido do letrado Sr. Pérez Manso, en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. Pérez Ares, contra María del Mar Fernández Silva e Morin 71, S.L., en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de 15.033,38 euros cos xuros legais, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre nos termos dispostos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, consignando o preceptivo depósito.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E atopándose os ditos demandados, María del Mar Fernández Silva e a entidade Morin 71, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Ourense, 12 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza