Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2019 Páx. 14272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de responsabilidade patrimonial que foi devolta polo servizo de Correos (expediente RP/15/00059).

En aplicación da disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución ditada no procedemento de responsabilidade patrimonial devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso, sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar un recurso de reposición ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade

anexo

Nº de procedemento

Persoa interesada

Resolución

RP/15/00059

Ricardo García-Piccoli Atanes

(Rpda.: Sabela Insua Asorey)

Estimatoria parcial